Fundación Gonzalo
Torrente Ballester

Profesor, novelista, crítico, autor dramático e xornalista
(1910-1999)

Antonio Espejo

A Fundación

Fundación de carácter cultural, privada e permanente, constituída no ano 2001 para cumprir a vontade de Gonzalo Torrente Ballester. O seu obxectivo principal é acoller e conservar o seu arquivo e a súa biblioteca persoal, ademais de potenciar o coñecemento e investigación da súa vida e a súa obra. Ten a súa sede en Santiago de Compostela.

GTB por B. González (c. 1940)

Gonzalo Torrente Ballester

Profesor, novelista, crítico, autor dramático e xornalista (1910-1999). Premio Príncipe de Asturias (1982), Premio Cervantes (1985), académico da RAE, catedrático de Ensino Medio.

FGTB

Actividades de la FGTB

A Fundación mantén unha programación permanente de actividades culturais na súa sede da Rúa do Vilar nº 7, Santiago de Compostela.

Exposición permanente

Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación. O recuncho do escritor.

FICHA | Exposición permanente baseada na realizada na Biblioteca Nacional e comisariada por Carmen Becerra e Darío Villanueva

CONTIDO | Percorrido pola vida e obra do escritor GTB a través de fotografías do autor ou realizadas por el, así como unha selección da súa obra, con reproducións, primeiras edicións e manuscritos orixinais procedentes da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, ademais dunha mostra dos premios recibidos ao longo da súa carreira. Inclúe unha recreación do seu recuncho de traballo da súa última biblioteca en Salamanca.

LUGAR | Fundación Gonzalo Torrente Ballester.  Rúa do Vilar, 7, 15705 Santiago de Compostela.

HORARIO | A fundación volverá abrir as súas portas ao público en 2026 entre o 15 de marzo e o 31 de outubro. Para visitas guiadas á exposición para grupos, poden escribir a fgtb @ fgtb.org para reservar o día de visita.

TARIFAS | Entrada xeral: €3. Entrada reducida: €2 para estudantes, persoas maiores de 65 anos e pensionistas. Entrada gratuíta: persoas con discapacidade.

As décadas de GTB

nas coleccións dixitais

No hay noticias para mostrar.